martes, 28 de febreiro de 2017

Memoria e compromiso


Este libro é unha compilación dos artigos publicados no blog Non des a esquecemento ao longo de case tres anos, desde comezos de 2014 a setembro de 2016. Mais sobre todo é a resposta a unha necesidade vital: a procura da verdade e da xustiza arredor das vítimas da represión franquista en Galiza, a vontade de contar o que pasou nun relato emocional, subxectivo, belixerante, impregnado da memoria oral, receoso dos informes oficiais e afastado tamén da neutralidade e da distancia de moitos estudos académicos.
Porque a crónica de acontecementos como os que aquí se relatan só ten sentido se forma parte dunha arela ética e política fundamental: a da reivindicación dos ideais e valores polos que loitaron e foron perseguidas tantas persoas ao longo de décadas; a militancia na causa da liberdade, da xustiza social, da igualdade; o compromiso por construír unha Galiza dona de si, próspera, solidaria, respectada. Esa é a mellor maneira de rescatalos do silencio das gavias e dos cemiterios; a victoria última contra a inxustiza, o terror e a mentira do franquismo; a verdadeira e definitiva homenaxe despois da amnesia e a amnistía decretadas na transición e no tempo que veu despois.

Fragmento do Epílogo do libro Non des a esquecemento

1 comentario:

  1. Estimado Luís Bará: parabéns pela compilação dos textos do blog em livro, até por ser mais um contributo no combate à desmemória, aos silenciamento e esquecimentos. Há alguma livraria/sítio, em Portugal, onde se possa adquiri-lo ou, então, algum contacto aí para onde se possa encomendá-lo? Um abraço, João Esteves.

    ResponderEliminar